martes, 28 de abril de 2020

traballo semana do 27 de abril Educación infantil




Bo día a tod@s!  Espero que o paseo de onte vos sentara femonenal, estades portándovos xenial! Eu estou desexando porder vervos a tod@s e darvos moitos abrazos.



Esta semana imos comezar bailando un pouco co grupo Vira Vai. Ca canción "Move o cu"



Hai un novo ritmo que invadiu este lugar
tode o mundo está a cantar, todo o mundo está a bailar

Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.

Sete da mañán espertoume miña nai
pon o  almorzo, a roupiña e a mochila, 
hai que arrincar,

Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.

Báilanno en Galicia, tamén en Portugal
Bailáronno na China, na Arxentina e no Uruguai

Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.

move, move o cu, move, move o cu 
move, move o cu, move, move o cu 
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.

Báilanno en Galicia, tamén en Portugal
Bailáronno na China, na arxentina e no Uruguai

Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.

move, move o cu, move, move o cu 
move, move o cu, move, move o cu 
xa verás que é moi sinxelo
move o cu...



Despois, podedes aproveitar o instrumento que creáchedes a semana pasada e acompañar a canción e así formaredes tamén parte dos músicos!

Así que xa sabedes, preparádevos ben e a mover o cu!



Podedes mandarme vídeos bailando se vos apetece o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com

E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog. 

Unha aperta moi forte!








 





domingo, 26 de abril de 2020

Traballo Terceiro e Cuarto semana do 27 de abril


Bos días, comezamos outra semana fantástica xa que xa podedes ir dar un paseo, espero que eso vos axude moito no voso benestar.


Imos comezar repasando os signos musicais que empregamos, que algúns xa deben de estar algo esquecidos. Para isto, debedes entrar na seguinte ligazón: Repaso signos musicais

Agora imos reflexionar sobre o seguinte vídeo de dous músicos tocando no campo. 




Que fixeron as vacas cando comezaron a escoitar a música? Como se sentirían? 

Entendedes agora porque se di que a música amansa as feras?

A música arrodeanos ó longo do noso día, e agora que temos que quedar na casa máis do que nos gustaría quero que me contedes cando escoitades música e para que. 

Pero non so a música que a poñedes vos coma na radio e non outra que ás veces pasa desapercibida. Así que quero que investiguedes e esteades ben atentos para dicirme onde aparece a música o voso longo do día, coma por exemplo nos anuncios da televisión. 

Por último quero que elixades unha canción que sexa especial para vos e me digades o porqué, e como vos fai sentir. Se mo mandades nun vídeo sería estupendo.





Por último déixovos un crucigrama para adiviñar o instrumento segundo o son espero que vos guste: crucigrama instrumentos



Podedes mandarme vídeos bailando se vos apetece o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com


E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog. 

Unha aperta moi forte!





Traballo Primeiro e Segundo da semana do 27 de abril





Bos días, comezamos outra semana fantástica xa que xa podedes ir dar un paseo, espero que eso vos axude moito no voso benestar. 

Esta semana imos repasar un pouquiño algúns contidos por medio de recursos online. 

Lembrades a negra e o seu silencio? negra e silencio
Onde se escribían as notas Sol e Mi? Sol- Mi

Pois nesas ligazóns poderedes practicar un pouco con elas, abride ben as orellas. 



Por último déixovos unha canción para que bailedes un pouquiño con Novedades Carmiña. Xa que temos que estar na casa polo menos estar cómodos. Aí vos vai o rock & roll "Non quito o chandal! Que o disfrutedes!



Podedes mandarme vídeos bailando se vos apetece o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com

E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog.

Unha aperta moi forte!






Traballo Quinto e Sexto semana do 27 de abril






Bos días, comezamos outra semana fantástica xa que xa podedes ir dar un paseo, espero que eso vos axude moito no voso benestar. 

Esta semana impos descubrir un instrumento un pouco peculiar, xa que normalemte os músicos e músicas dicirmos que tocamos unha flauta, un clarinete... e realmente tocámolo. Pero existe un que para que sone non é necesario tocalo. 



Pero como pode ser? Pos mirade, o noso amigo Sheldon, vainos facer a súa presentación. 



Como vedes é un intrumento eléctrico polo cal deberíamos metelo na familia dos electrófonos. A que non vos sona de nada? E que é unha nova, a mestra reservouse algú dato máis dos que tiña na clase. 

Pois é tan importante que ata Google lle adicou un doodle. Na seguinte ligazón poderedes practicar un pouquiño con el e mesmo dar algunha clase. 



E vos preguntaredes... e ademais de isto que teño que facer?

1. Pois moi doado tedes que cubrir a ficha técnica do instrumento con estas características: Nome, clasificación por familia, intérpretes e músic@s coñecidos, data de invención e quen. opinion persoal, imaxe ou debuxo  e outros datos que querades engadir. Esto deberédelo enviar no formato que querades. Word, foto, escaneo pdf...

2. Ademáis de contarme un pouco do seu inventor.

3. e por último buscar en Youtube algunha canción que vos guste interpretada polo Theremin e contarme o porqué elixíchedes esa. 

Eu déixovos a miña tamén.



Se vos apetece coñecer un pouco máis sobre o intrumento aquí tedes un pequeno vídeo onde vos conta detalladamente o seu funcionamento: Theremín. La música que surgió del éter


Podedes mandarme o resultado o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com

E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog. 



Unha aperta moi forte



mércores, 22 de abril de 2020

Solución Actividade Happy



Boas rapazas e rapaces de 3º e 4º!

Lembrades a actividade de "Happy"? Pois chegou a hora de saber a solución. 
Propúxenvos que clasificaredes os instrumentos que se escoitaban segundo a súa familia e o resultado é este.

Percusión: Batería, palmas
Vento:
Corda: baixo eléctrico

Podemos analizar tamén a voz como instrumento corporal e o teclado e o baixo como instrumento electrónico.

Como vedes esta canción baséase en instrumentos acústicos pero tamén os sintetizadores e versións de instrumentos electrónicos. 
Déixovos o enlace do vídeo por se o queredes volver a ver e bailar. 





Saudiños!!

luns, 20 de abril de 2020

30 anos da carta escrita polo grupo vallisoletano Celtas Cortos


Bo día, acabo de caír na conta que hoxe é 20 de abril. E isto lémbrame a canción chamada igual, do grupo de rock e celta español "Celtas Cortos".


Sónavos? Eu lembro escoitala moitas veces pola radio, de feito debido a situación actual tamén fixeron unha versión Covid-19 en colaboración ca ONG Médicos Sen Fronteiras e moitos artistas nacionais.





Aquí vai a miña pequena homenaxe á canción que tantas veces me alegrou. Espero que vos guste. Da mesma forma, anímovos a que fagades o voso propio e subireinos o blog do cole para que o resto do alumnado poida desfrutalos. Comentade a publicación e dicídeme que vos parece a canción. 😀
Feliz semana!



PD: Déixovos a web do grupos por se queredes saber un pouco máis deles.
https://www.celtascortos.com/

Benvid@s o novo MusicBlog

Ola rapaciada!

Estades a piques de entrar no mundo de Mozart, de Beethoveen, de Queen, dos Beatles... pero tamén de Migallas, do Sonoro Maxín e de moitos máis.

Pero o máis importante é que vos tamén estades nel e sodes os protagonistas.


O blog de educación musical de Leirado, créase nun momento un pouco difícil, é certo, pero tamén nos axuda a ver que dos momentos complicados pódense sacar cousas boas.


Aquí ireivos subindo as tarefas de cada semana, aínda que tamén estarán no voso blog do curso, pero tamén acticidades, vídeos e outras moitas cousas que sexan interesantes como os vosos traballos.

Tamén me gustaría recibir as vosas suxerencias de música, grupos, bailes ou calquera cousa que vos apeteza compartir do mundo da música.


Unha vez máis, bemvid@s, espero vervos por aquí moi amiúdo e que disfrutedes mentres aprendemos a vivir a música.

Unha aperta moi forte