domingo, 24 de maio de 2020

Traballo primeiro e segundo semana do 25 de maio


Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño!

Esta semana imos lembrar os roles das persoas que participan nunha actuación musical. No seguinte vídeo podedes ver as tres principais. 




Unha vez que saibades cales son as tres principais figuras, pensádeo son moi fáciles, 😉  Debedes facer un debuxo onde aparezan eles sinalando o seu nome. Ademais, tedes que debuxarvos a vos desempeñando o papel que máis vos guste.





Aquí arriba vai unha pista dunha figura principal. 
Lembrade tamén, que vós, cando ides a espectáculos tamén sodes outra! 😲

Cando teñades o voso debuxo mandádemo para colgalo no blog. Esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e  polos vosos compañeiros. 




Por último propóxovos que practiquedes o ditado rítmico a través de este recurso online. Tedes que darlle a comenzar, e logo xa se reproduce o primeiro son, lembrade darlle volume os altofalantes. Podedelo escoitar as veces que precisedes e loco picar na imaxe co ritmo que pensades que se escoitou. Pódevos resultar algo complicado pero lembrade pensar no que vimos  en clase de pan (a negra) ca-sa ( as dúas corcheas). Moito ánimo!

http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil



Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)

Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego. 

Unha apeeeerta moooi grande!



Ningún comentario:

Publicar un comentario