Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño!
Esta semana imos traballar un pouquiño os ditados musicales.
Para iso, vouvos deixar unhas ligazóns cos recursos didácticos.
Comezamos con só ritmo. Lembrade o que vimos na clase, de pan (negra), Corcheas (ca-sa), semicorcheas (cho-co-la-te) e tamén os contratempos. Facede segundo podiades, non fai falta que sexan os tres.
Nivel fácil
http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil
Nivel medio
http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-medio
Nivel Difícil (este é dicil, dificil)
http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-dificil
Agora imos cas alturas das notas. Comezando por este exercicio seravos máis doado o de despois. Fixádevos se sube, se baixa, ou se queda igual.
https://www.educaplay.com/learning-resources/2649356-la_direccion_del_sonido_1.html
Agora empregamos tamén o ritmo brancas e negras, fixádevos na duración das notas e se suben ou se baixan pola escala.
Por último, deíxovos un vídeo para que disfrutedes bailando, neste caso o estilo musical é a música electrónica. A ver que vos parece.
Por certo, esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e polos vosos compañeiros.
Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)
Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego.
Unha apeeeerta moooi grande!
Ningún comentario:
Publicar un comentario