Bos días, comezamos unha semana con sol radiante para alegrarnos un pouco a vida! E pos eso imos repasar a escritura de notas. Facédeo despaciño e con boa letra, fixádevos onde están colocadas as notas, xa que non é o mesmo pintar unha nota na primeira lliña ou na segunda. Ademáis aparecen os signos de repetición de doble barra con dous puntos, e as casiñas de 1 e 2 segundo a vez na que se está repetindo e unha ligadura de unión. Así tamén unha armadura, que é o # que aparece xusto despois da clave, e significa que todas as notas que se chaman fa están alteradas un semitono ascendente. Mandádeme o resultado o correo da actividade: ad.libitum.leirado@gmail.com
E como tema de para bailar esta semana gustaríame que disfrutarades ca grande Gloria Stefan, así que vos deixo dous a ver que vos parece 😀
"Hoy"
"Conga"
"Abriendo puertas"
Pasade boa semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario