domingo, 3 de maio de 2020

Traballo Cuarto semana do 4 de maio





Bos días, comezamos unha semana con sol radiante para alegrarnos un pouco a vida! E pos eso imos repasar  a escritura de notas. Facédeo despaciño e con boa letra, fixádevos onde están colocadas as notas, xa que non é o mesmo pintar unha nota na primeira lliña ou na segunda. Ademáis aparecen os signos de repetición  de doble barra con dous puntos, e as casiñas de 1 e 2 segundo a vez na que se está repetindo e unha ligadura de unión. Así tamén unha armadura, que é o # que aparece xusto despois da clave, e significa que todas as notas que se chaman fa están alteradas un semitono ascendente. Mandádeme o resultado o correo da actividade: ad.libitum.leirado@gmail.com





Por outra banda imos xogar o dominó musical, e como? Pois ca seguinte lámina (podedes pegarlle por detrás unha cartulina para que as fichas sexan máis duradeiras), a diferencia é que debedes unir as pezas ca mesma duración das notas é dicir pois se aparece unha branca poderíase por a ficha co lado que aparecen dúas negras. Para esto debedes repasar a duración das figuras. Espero que o pasedes ben. 



E como tema de  para bailar esta semana gustaríame que disfrutarades ca grande Gloria Stefan, así que vos deixo dous a ver que vos parece 😀

"Hoy"




"Conga"


"Abriendo puertas"



Pasade boa semana!






Ningún comentario:

Publicar un comentario