domingo, 10 de maio de 2020

Traballo quinto e sexto semana do 11 de maio: Día das letras galegas




Ola rapaciada! 

O domingo 17 é o día das letras galegas, e dende a área de educación musical ímolo celebrar o noso xeito... bailando! 

Así que esta semana propóñovos a seguinte tarefa. Como a ides preparar xenial e precisa certo tempo, vouvos dar dúas semanas para que me mandedes o resultado.


Pero mestra, que temos que facer? 

Pois moi fácil, deberedes  aprender o seguinte paso de baile de música tradicional:
 


Vós, teredes que facer o terceiro punto. Cando di, "diante, detrás, abrir, arriba, pés xuntos" tede coidado non vos mareedes. 😉



Pero para bailar precisamos música, non si? Así que imos alá. 
Imos traballar cunha canción tradicional galega chamada "O verdegaio".

Apuntamento técnico: As cancións tradicionais son as que pertencen a un pobo ou cultura, son moi coñecidas pola xente e non adoitan ter compositor coñecido

A versión que empregaremos é o do IES Salvaterra de Miño, o instituto que seguramente iredes. 😀

Este é o vídeo:


Pois agora que xa temos o baile e a música so falta prepararvos a vós. Pedídelle a vosa familia que vos vista con roupa de época, co traxe galego se tedes ou calquera cousa xeitosa que teñades por aí poñervos ben guap@s!  (se non tedes  non pasa nada, só é para darlle un aire diferente)

Déixovos o meu traxe para que o vexades a ver se vos gusta. 

 



 E por último, o que tedes que facer é gravarvos  bailando un anaco da canción realizando o paso de baile. Tamén podedes utilizar outros que xa coñezades ou inventar algún, lembrade ter os brazos en alto.  Así, tamén vos poden acompañar bailando a vosa familia ou veciños, o caso é pasalo ben e cantos máis mellor.

Déixovos outros vídeos interesantes sobre puntos de baile galego por se queredes botarlle unha ollada. 





 



 Agora xa tedes todo o material necesario así que mans a obra! non, non, digo... pés ó baile! 


Mandádeme o resultado ou calquera dúbida ó correo ad.libitum.leirado@gmail.com 
Farase un vídeo montaxe cos vídeos do alumnado e a canción.



Que teñades boa semana! 

Déixovos outro agasallo por ser unha semana tan especial, xa me contaredes que vos parece...  

Foi na Raigame 2019, unha romaría etnográfica que se fai tódolos 17 de maio para exaltar a tradición galega en Vilanova dos Infantes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario