domingo, 31 de maio de 2020

Traballo semana do 1 de xuño pimeiro e segundo



Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana practicaremos cos sons da nosa contorna. Na seguinte ligazón: https://www.cultura.gob.mx/multimedia/Exploradores/index2.html

Apareceravos esta imaxe: 
Aquí deberedes clicar onde aparece a Expedición B Paisaxes sonoros, aquí poderedes crear unha imaxe que, segundo os elementos que escollades musicarase de unha forma ou outra. 


Por outra banda, na mesma expedición aparece Componiendo el ruido. Neste caso poderedes comprobar que tamén os ruidos poden facer música. Deberedes ir seleccionando na planilla cando queredes que sone un son ou outro e por último darlle ó play e sonará o que compuxíchedes. 

E por último, deberedes identificar unha serie de instrumentos por medio da súa audición. Neste caso está na Espedición C, no apartado instrumentos musicais. 


 Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana!



Ningún comentario:

Publicar un comentario