Espazo para a comunicación co alumnado do
CEIP de Leirado. Ademais, subiranse as producións do alumnado do centro para que a comunidade educativa sexa partícipe do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén aparecerán publicacións diversas sobre o mundo da música. Anímovos a que comentedes e a mandedes suxerencias. Tod@s somos músic@s.
Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas.
Espero que o disfrutedes!
Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!
De todas formas se precisades algo, eu estarei dispoñible a través do correo.
Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana practicaremos cos sons dos instrumentos. Aquí tedes un recurso para coñecer novos instrumentos e repasar outros, ca súa imaxe. Clicando en cada un escóitase o seu son e indica o seu nome.
O domingo 17 é o día das letras galegas, e dende a área de educación musical ímolo celebrar o noso xeito... bailando!
Así que esta semana propóñovos a seguinte tarefa. Como a ides preparar xenial e precisa certo tempo, vouvos dar dúas semanas para que me mandedes o resultado.
Pero mestra, que temos que facer?
Pois moi fácil, deberedes aprender o seguinte paso de baile de música tradicional:
Pero para bailar precisamos música, non si? Así que imos alá.
Imos traballar cunha canción tradicional galega chamada "O verdegaio".
A versión que empregaremos é o do IES Salvaterra de Miño.
Este é o vídeo:
Pois agora que xa temos o baile e a música so falta prepararvos a vós. Pedídelle a vosa familia que vos vista con roupa de época, co traxe galego se tedes ou calquera cousa xeitosa que teñades por aí e poñervos ben guap@s! (se non tedes non pasa nada, só é para darlle un aire diferente)
Déixovos o meu traxe para que o vexades a ver se vos gusta.
E por último, o que tedes que facer é gravarvos bailando un anaco da canción realizando o paso de baile. Tamén podedes utilizar outros que xa coñezades ou inventar algún, lembrade ter os brazos en alto. Así, tamén vos poden acompañar bailando a vosa familia ou veciños, o caso é pasalo bene cantos máis mellor!
Déixovos outros vídeos interesantes sobre puntos de baile galego por se queredes botarlle unha ollada.
Agora xa tedes todo o material necesario así que mans a obra! non, non, digo... pés ó baile!
Mandádeme o resultado ou calquera dúbida ó correo ad.libitum.leirado@gmail.com
Farase un vídeo montaxe cos vídeos do alumnado e a canción.
Que teñades boa semana!
Déixovos outro agasallo por ser unha semana tan especial, xa me contaredes que vos parece...
Foi na Raigame 2019, unha romaría etnográfica que se fai tódolos 17
de maio para exaltar a tradición galega en Vilanova dos Infantes.
Bos días parruliños! Hoxe imos ser agricultores, imos repasar os nomes das verduras e hortalizas ca canción "A horta de Balbina" de María Fumaça
E por último, anímosvos a que me enviedes debuxos vosos sendo agricultores, gandeiros ou mesmo debuxos dalgunha verdura ou hortaliza que apareza na cancióń.
Bo
día a tod@s! Espero que o paseo de onte vos sentara femonenal, estades
portándovos xenial! Eu estou desexando porder vervos a tod@s e darvos
moitos abrazos.
Esta semana imos comezar bailando un pouco co grupo Vira Vai. Ca canción "Move o cu"
Hai un novo ritmo que invadiu este lugar
tode o mundo está a cantar, todo o mundo está a bailar
Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.
Sete da mañán espertoume miña nai
pon o almorzo, a roupiña e a mochila,
hai que arrincar,
Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.
Báilanno en Galicia, tamén en Portugal
Bailáronno na China, na Arxentina e no Uruguai
Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.
move, move o cu, move, move o cu
move, move o cu, move, move o cu
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.
Báilanno en Galicia, tamén en Portugal
Bailáronno na China, na arxentina e no Uruguai
Move o cu, move o cu,
xa verás que é moi sinxelo
move o cu.
move, move o cu, move, move o cu
move, move o cu, move, move o cu
xa verás que é moi sinxelo
move o cu...
Despois, podedes aproveitar o instrumento que creáchedes a semana pasada e acompañar a canción e así formaredes tamén parte dos músicos!
Así que xa sabedes, preparádevos ben e a mover o cu!
Podedes mandarme vídeos bailando se vos apetece o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com
E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog.