domingo, 31 de maio de 2020

Traballo 1 de xuño quinto e sexto



Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana aprenderemos unha anción moi sinxera para piano. Sí, ides ser pianistas!

Para iso, teredes que descargar algunha aplicación no móbil dos vosos pais ou nunha tablet. No sistema operativp de Apple, Ios, funciona moi ben a que se chama Virtuoso





No caso do Play Store sería Perfect Piano, por suposto son todas gratuítas. Da mesma forma, calquera outra aplicación que sexa realista de piano serve igualmente.






A partitura que imos  ver é O himno da alegría, pero só a primeira parte.É dicir, o primeiro pentagrama.  A partitura é a seguinte: 



Para que vos sexa máis sinxelo podedes seguir este vídeo, lembrade facelo lento para que vos saia.



Se tedes calquera dúbida ou dificultade mandádeme un correo e volo resolverei. =)

 Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana pianistas!




Traballo 1 de xuño cuarto



Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana aprenderemos unha anción moi sinxera para piano. Sí, ides ser pianistas!

Para iso, teredes que descargar algunha aplicación no móbil dos vosos pais ou nunha tablet. No sistema operativo de Apple, Ios, funciona moi ben a que se chama Virtuoso





No caso do Play Store sería Perfect Piano, por suposto son todas gratuítas. Da mesma forma, calquera outra aplicación que sexa realista de piano serve igualmente.






A partitura que imos  ver é Un elefante se balanceaba.. A partitura é a seguinte: 



Para que vos sexa máis sinxelo podedes seguir este vídeo, lembrade facelo lento para que vos saia.


Se tedes calquera dúbida ou dificultade mandádeme un correo e volo resolverei. =)

 Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana pianistas!




Traballo 1 de xuño terceiro



Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana aprenderemos unha anción moi sinxera para piano. Sí, ides ser pianistas!

Para iso, teredes que descargar algunha aplicación no móbil dos vosos pais ou nunha tablet. No sistema operativo de Apple, Ios, funciona moi ben a que se chama Virtuoso





No caso do Play Store sería Perfect Piano, por suposto son todas gratuítas. Da mesma forma, calquera outra aplicación que sexa realista de piano serve igualmente.






A partitura que imos  ver é Estreliña onde estás?, pero só a primeira parte, é dicir, o primeiro pentagrama. A partitura é a seguinte: 


Para que vos sexa máis sinxelo podedes seguir este vídeo, lembrade facelo lento para que vos saia.




Se tedes calquera dúbida ou dificultade mandádeme un correo e volo resolverei. =)

 Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana pianistas!




Traballo semana do 1 de xuño pimeiro e segundo



Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana practicaremos cos sons da nosa contorna. Na seguinte ligazón: https://www.cultura.gob.mx/multimedia/Exploradores/index2.html

Apareceravos esta imaxe: 
Aquí deberedes clicar onde aparece a Expedición B Paisaxes sonoros, aquí poderedes crear unha imaxe que, segundo os elementos que escollades musicarase de unha forma ou outra. 


Por outra banda, na mesma expedición aparece Componiendo el ruido. Neste caso poderedes comprobar que tamén os ruidos poden facer música. Deberedes ir seleccionando na planilla cando queredes que sone un son ou outro e por último darlle ó play e sonará o que compuxíchedes. 

E por último, deberedes identificar unha serie de instrumentos por medio da súa audición. Neste caso está na Espedición C, no apartado instrumentos musicais. 


 Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana!



domingo, 24 de maio de 2020

Traballo quinto e sexto semana do 25 de maio


Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño!

Esta semana imos traballar un pouquiño os ditados musicales. 
Para iso, vouvos deixar unhas ligazóns cos recursos didácticos. 


Comezamos con só ritmo. Lembrade o que vimos na clase, de pan (negra), Corcheas (ca-sa), semicorcheas (cho-co-la-te) e tamén os contratempos. Facede segundo podiades, non fai falta que sexan os tres. 

Nivel fácil

http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil

Nivel medio

http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-medio

Nivel Difícil (este é dicil, dificil)

http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-dificil




Agora imos cas alturas das notas. Comezando por este exercicio seravos máis doado o de despois. Fixádevos se sube, se baixa, ou se queda igual.

https://www.educaplay.com/learning-resources/2649356-la_direccion_del_sonido_1.html


Agora empregamos tamén o ritmo brancas e negras, fixádevos na duración das notas e se suben ou se baixan pola escala.

https://www.educaplay.com/learning-resources/647891-ritmo_blanca_negra_y_corchea.html





Por último, deíxovos un vídeo para que disfrutedes bailando, neste caso o estilo musical é a música electrónica. A ver que vos parece.






Por certo, esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e  polos vosos compañeiros. 





Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)

Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego. 

Unha apeeeerta moooi grande!



Traballo terceiro e cuarto semana do 25 de maio


Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño!

Esta semana imos traballar un pouquiño os ditados musicales. 
Para iso, vouvos deixar unhas ligazóns cos recursos didácticos. 


Comezamos cas notas mi, sol, si. Deberedes picar nas notas do pentagrama segundo a orde que sona, é un estilo o xogo de Simón Di. Fixádevos se as notas suben ou baixan.

http://www.aprendomusica.com/swf/C1SimonLaSolMivAprendo.html



Agora empregamos tamén o ritmo brancas e negras, fixádevos na duración das notas e se suben ou se baixan pola escala.

https://www.educaplay.com/learning-resources/646911-ritmo_blancas_y_negras.html



Por último, deíxovos un vídeo para que disfrutedes bailando, neste caso o estilo musical é a música electrónica. A ver que vos parece.





Por certo, esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e  polos vosos compañeiros. 





Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)

Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego. 

Unha apeeeerta moooi grande!



Traballo primeiro e segundo semana do 25 de maio


Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño!

Esta semana imos lembrar os roles das persoas que participan nunha actuación musical. No seguinte vídeo podedes ver as tres principais. 




Unha vez que saibades cales son as tres principais figuras, pensádeo son moi fáciles, 😉  Debedes facer un debuxo onde aparezan eles sinalando o seu nome. Ademais, tedes que debuxarvos a vos desempeñando o papel que máis vos guste.





Aquí arriba vai unha pista dunha figura principal. 
Lembrade tamén, que vós, cando ides a espectáculos tamén sodes outra! 😲

Cando teñades o voso debuxo mandádemo para colgalo no blog. Esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e  polos vosos compañeiros. 




Por último propóxovos que practiquedes o ditado rítmico a través de este recurso online. Tedes que darlle a comenzar, e logo xa se reproduce o primeiro son, lembrade darlle volume os altofalantes. Podedelo escoitar as veces que precisedes e loco picar na imaxe co ritmo que pensades que se escoitou. Pódevos resultar algo complicado pero lembrade pensar no que vimos  en clase de pan (a negra) ca-sa ( as dúas corcheas). Moito ánimo!

http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil



Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)

Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego. 

Unha apeeeerta moooi grande!



mércores, 13 de maio de 2020

Traballo educación infantil semana do 11 de maio: Letras Galegas




Ola parruliños!

O domingo 17 é o día das letras galegas, e dende a área de educación musical ímolo celebrar o noso xeito... bailando! 

Así que esta semana propóñovos a seguinte tarefa. Como a ides preparar xenial e precisa certo tempo, vouvos dar dúas semanas para que me mandedes o resultado.


Pero mestra, que temos que facer? 

Pois moi fácil, deberedes  aprender o seguinte paso de baile de música tradicional:
 


Pero para bailar precisamos música, non si? Así que imos alá. 
Imos traballar cunha canción tradicional galega chamada "O verdegaio".


A versión que empregaremos é o do IES Salvaterra de Miño.

Este é o vídeo:


Pois agora que xa temos o baile e a música so falta prepararvos a vós. Pedídelle a vosa familia que vos vista con roupa de época, co traxe galego se tedes ou calquera cousa xeitosa que teñades por aí e poñervos ben guap@s!  (se non tedes  non pasa nada, só é para darlle un aire diferente)

Déixovos o meu traxe para que o vexades a ver se vos gusta. 

 



 E por último, o que tedes que facer é gravarvos  bailando un anaco da canción realizando o paso de baile. Tamén podedes utilizar outros que xa coñezades ou inventar algún, lembrade ter os brazos en alto.  Así, tamén vos poden acompañar bailando a vosa familia ou veciños, o caso é pasalo ben e cantos máis mellor!

Déixovos outros vídeos interesantes sobre puntos de baile galego por se queredes botarlle unha ollada. 




 



 Agora xa tedes todo o material necesario así que mans a obra! non, non, digo... pés ó baile! 


Mandádeme o resultado ou calquera dúbida ó correo ad.libitum.leirado@gmail.com 
Farase un vídeo montaxe cos vídeos do alumnado e a canción.



Que teñades boa semana!

Déixovos outro agasallo por ser unha semana tan especial, xa me contaredes que vos parece... 


Foi na Raigame 2019, unha romaría etnográfica que se fai tódolos 17 de maio para exaltar a tradición galega en Vilanova dos Infantes.