Amosando publicacións coa etiqueta Primeiro EP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primeiro EP. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Vídeo das letras galegas e vacacións!



Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas. 
Espero que o disfrutedes!




Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!

De todas formas se precisades algo, eu estarei dispoñible a través do correo. 

Felices Vacacións!!!!


Vémonos o ano que ven!




domingo, 7 de xuño de 2020

Traballo 8 de xuño primeiro e segundo



Bo día meu querido alumnado! Xa case non queda nada para vacacións! 
Para celebralo, esta semana imos preparar un festival de baile nas nosas casas.



Para iso, seleccionei unha serie de cancións do afamado videoxogo Just Dance que espero que vos gusten.

E xa sabedes, se enredades a alguén da vosa familia ou amig@s para bailar ídelo pasar aínda mellor! En compañía disfrútase o doble. 

Estades list@s?  Imos!








Por certo rapazada, se queredes máis, podedes ir as outras entradas dos demais cursos e así continuar a festa!

Non vos esquezades de contarme cal foi a que máis vos gustou.😀

Espero que teñades unha mooooi boa semanaaa!!

Unha aperta mooooi grandeee!



domingo, 31 de maio de 2020

Traballo semana do 1 de xuño pimeiro e segundo



Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana practicaremos cos sons da nosa contorna. Na seguinte ligazón: https://www.cultura.gob.mx/multimedia/Exploradores/index2.html

Apareceravos esta imaxe: 
Aquí deberedes clicar onde aparece a Expedición B Paisaxes sonoros, aquí poderedes crear unha imaxe que, segundo os elementos que escollades musicarase de unha forma ou outra. 


Por outra banda, na mesma expedición aparece Componiendo el ruido. Neste caso poderedes comprobar que tamén os ruidos poden facer música. Deberedes ir seleccionando na planilla cando queredes que sone un son ou outro e por último darlle ó play e sonará o que compuxíchedes. 

E por último, deberedes identificar unha serie de instrumentos por medio da súa audición. Neste caso está na Espedición C, no apartado instrumentos musicais. 


 Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana!



domingo, 24 de maio de 2020

Traballo primeiro e segundo semana do 25 de maio


Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño!

Esta semana imos lembrar os roles das persoas que participan nunha actuación musical. No seguinte vídeo podedes ver as tres principais. 




Unha vez que saibades cales son as tres principais figuras, pensádeo son moi fáciles, 😉  Debedes facer un debuxo onde aparezan eles sinalando o seu nome. Ademais, tedes que debuxarvos a vos desempeñando o papel que máis vos guste.





Aquí arriba vai unha pista dunha figura principal. 
Lembrade tamén, que vós, cando ides a espectáculos tamén sodes outra! 😲

Cando teñades o voso debuxo mandádemo para colgalo no blog. Esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e  polos vosos compañeiros. 




Por último propóxovos que practiquedes o ditado rítmico a través de este recurso online. Tedes que darlle a comenzar, e logo xa se reproduce o primeiro son, lembrade darlle volume os altofalantes. Podedelo escoitar as veces que precisedes e loco picar na imaxe co ritmo que pensades que se escoitou. Pódevos resultar algo complicado pero lembrade pensar no que vimos  en clase de pan (a negra) ca-sa ( as dúas corcheas). Moito ánimo!

http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil



Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)

Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego. 

Unha apeeeerta moooi grande!



domingo, 10 de maio de 2020

Traballo primeiro e segundo da semana do 11 de maio: Día das letras galegas




Ola rapaciada! 

O domingo 17 é o día das letras galegas, e dende a área de educación musical ímolo celebrar o noso xeito... bailando! 

Así que esta semana propóñovos a seguinte tarefa. Como a ides preparar xenial e precisa certo tempo, vouvos dar dúas semanas para que me mandedes o resultado.


Pero mestra, que temos que facer? 

Pois moi fácil, deberedes  aprender o seguinte paso de baile de música tradicional:
 
 

Pero para bailar precisamos música, non si? Así que imos alá. 
Imos traballar cunha canción tradicional galega chamada "O verdegaio".

Apuntamento técnico: As cancións tradicionais son as que pertencen a un pobo ou cultura, son moi coñecidas pola xente e non adoitan ter compositor coñecido. 

A versión que empregaremos é o do IES Salvaterra de Miño, o instituto que seguramente iredes cando sexades maiores. 😀

Este é o vídeo:


Pois agora que xa temos o baile e a música so falta prepararvos a vós. Pedídelle a vosa familia que vos vista con roupa de época, co traxe galego se tedes ou calquera cousa xeitosa que teñades por aí poñervos ben guap@s!  (se non tedes  non pasa nada, só é para darlle un aire diferente)

Déixovos o meu traxe para que o vexades a ver se vos gusta. 

 



 E por último, o que tedes que facer é gravarvos  bailando un anaco da canción realizando o paso de baile. Tamén podedes utilizar outros que xa coñezades ou inventar algún, lembrade ter os brazos en alto.  Así, tamén vos poden acompañar bailando a vosa familia ou veciños, o caso é pasalo ben e cantos máis mellor.

Déixovos outros vídeos interesantes sobre puntos de baile galego por se queredes botarlle unha ollada. 




 



 Agora xa tedes todo o material necesario así que mans a obra! non, non, digo... pés ó baile! 


Mandádeme o resultado ou calquera dúbida ó correo ad.libitum.leirado@gmail.com 
Farase un vídeo montaxe cos vídeos do alumnado e a canción.



Que teñades boa semana! 
Déixovos outro agasallo por ser unha semana tan especial, xa me contaredes que vos parece... 


Foi na Raigame 2019, unha romaría etnográfica que se fai tódolos 17 de maio para exaltar a tradición galega en Vilanova dos Infantes.


domingo, 3 de maio de 2020

traballo primeiro e segundo da semana do 4 de maio






Bos días, comezamos unha semana con sol radiante para alegrarnos un pouco a vida! E pos eso imos repasar un pouco a clave de sol para que non se nos esqueza debuxala. Podedes descargar o seguinte documento ou facelo nun pentagrama que teñades por casa ou mesmo nun folio.



Despois debedes crear un debuxo moi colorido que teña alomenos dúas claves de sol, e completalo co que más vos guste, facer unha paisaxe, un debuxo abstracto, un autorretrato... o que prefirades!



Por outra banda tamén vos propoño facer estes pasatempos musicais.




E como tema de  para bailar esta semana gustaríame que disfrutarades ca grande Gloria Stefan, así que vos deixo dous a ver que vos parece 😀

"Hoy"



"Conga"

"Abriendo puertas"


Pasade boa semana!










domingo, 26 de abril de 2020

Traballo Primeiro e Segundo da semana do 27 de abril





Bos días, comezamos outra semana fantástica xa que xa podedes ir dar un paseo, espero que eso vos axude moito no voso benestar. 

Esta semana imos repasar un pouquiño algúns contidos por medio de recursos online. 

Lembrades a negra e o seu silencio? negra e silencio
Onde se escribían as notas Sol e Mi? Sol- Mi

Pois nesas ligazóns poderedes practicar un pouco con elas, abride ben as orellas. 



Por último déixovos unha canción para que bailedes un pouquiño con Novedades Carmiña. Xa que temos que estar na casa polo menos estar cómodos. Aí vos vai o rock & roll "Non quito o chandal! Que o disfrutedes!



Podedes mandarme vídeos bailando se vos apetece o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com

E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog.

Unha aperta moi forte!