Espazo para a comunicación co alumnado do
CEIP de Leirado. Ademais, subiranse as producións do alumnado do centro para que a comunidade educativa sexa partícipe do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén aparecerán publicacións diversas sobre o mundo da música. Anímovos a que comentedes e a mandedes suxerencias. Tod@s somos músic@s.
Aquí deberedes clicar onde aparece a Expedición B Paisaxes sonoros, aquí poderedes crear unha imaxe que, segundo os elementos que escollades musicarase de unha forma ou outra.
Por outra banda, na mesma expedición aparece Componiendo el ruido. Neste caso poderedes comprobar que tamén os ruidos poden facer música. Deberedes ir seleccionando na planilla cando queredes que sone un son ou outro e por último darlle ó play e sonará o que compuxíchedes.
E por último, deberedes identificar unha serie de instrumentos por medio da súa audición. Neste caso está na Espedición C, no apartado instrumentos musicais.
Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana!
Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño! Esta semana imos lembrar os roles das persoas que participan nunha actuación musical. No seguinte vídeo podedes ver as tres principais.
Unha vez que saibades cales son as tres principais figuras, pensádeo son moi fáciles, 😉 Debedes facer un debuxo onde aparezan eles sinalando o seu nome. Ademais, tedes que debuxarvos a vos desempeñando o papel que máis vos guste.
Aquí arriba vai unha pista dunha figura principal. Lembrade tamén, que vós, cando ides a espectáculos tamén sodes outra! 😲
Cando teñades o voso debuxo mandádemo para colgalo no blog. Esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e polos vosos compañeiros.
Por último propóxovos que practiquedes o ditado rítmico a través de este recurso online. Tedes que darlle a comenzar, e logo xa se reproduce o primeiro son, lembrade darlle volume os altofalantes. Podedelo escoitar as veces que precisedes e loco picar na imaxe co ritmo que pensades que se escoitou. Pódevos resultar algo complicado pero lembrade pensar no que vimos en clase de pan (a negra) ca-sa ( as dúas corcheas). Moito ánimo! http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)
Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego. Unha apeeeerta moooi grande!
O domingo 17 é o día das letras galegas, e dende a área de educación musical ímolo celebrar o noso xeito... bailando!
Así que esta semana propóñovos a seguinte tarefa. Como a ides preparar xenial e precisa certo tempo, vouvos dar dúas semanas para que me mandedes o resultado.
Pero mestra, que temos que facer?
Pois moi fácil, deberedes aprender o seguinte paso de baile de música tradicional:
Pero para bailar precisamos música, non si? Así que imos alá.
Imos traballar cunha canción tradicional galega chamada "O verdegaio".
Apuntamento técnico: As cancións tradicionais son as que pertencen a un pobo ou cultura, son moi coñecidas pola xente e non adoitan ter compositor coñecido.
A versión que empregaremos é o do IES Salvaterra de Miño, o instituto que seguramente iredes cando sexades maiores. 😀
Este é o vídeo:
Pois agora que xa temos o baile e a música so falta prepararvos a vós. Pedídelle a vosa familia que vos vista con roupa de época, co traxe galego se tedes ou calquera cousa xeitosa que teñades por aí poñervos ben guap@s! (se non tedes non pasa nada, só é para darlle un aire diferente)
Déixovos o meu traxe para que o vexades a ver se vos gusta.
E por último, o que tedes que facer é gravarvos bailando un anaco da canción realizando o paso de baile. Tamén podedes utilizar outros que xa coñezades ou inventar algún, lembrade ter os brazos en alto. Así, tamén vos poden acompañar bailando a vosa familia ou veciños, o caso é pasalo bene cantos máis mellor.
Déixovos outros vídeos interesantes sobre puntos de baile galego por se queredes botarlle unha ollada.
Agora xa tedes todo o material necesario así que mans a obra! non, non, digo... pés ó baile!
Mandádeme o resultado ou calquera dúbida ó correo ad.libitum.leirado@gmail.com
Farase un vídeo montaxe cos vídeos do alumnado e a canción.
Que teñades boa semana!
Déixovos outro agasallo por ser unha semana tan especial, xa me contaredes que vos parece...
Foi na Raigame 2019, unha romaría etnográfica que se fai tódolos 17
de maio para exaltar a tradición galega en Vilanova dos Infantes.
Bos días, comezamos unha semana con sol radiante para alegrarnos un pouco a vida! E pos eso imos repasar un pouco a clave de sol para que non se nos esqueza debuxala. Podedes descargar o seguinte documento ou facelo nun pentagrama que teñades por casa ou mesmo nun folio.
Despois debedes crear un debuxo moi colorido que teña alomenos dúas claves de sol, e completalo co que más vos guste, facer unha paisaxe, un debuxo abstracto, un autorretrato... o que prefirades!
Por outra banda tamén vos propoño facer estes pasatempos musicais.
E como tema de para bailar esta semana gustaríame que disfrutarades ca grande Gloria Stefan, así que vos deixo dous a ver que vos parece 😀
Bos días, comezamos outra semana fantástica xa que xa podedes ir dar un paseo, espero que eso vos axude moito no voso benestar. Esta semana imos repasar un pouquiño algúns contidos por medio de recursos online. Lembrades a negra e o seu silencio? negra e silencio Onde se escribían as notas Sol e Mi? Sol- Mi Pois nesas ligazóns poderedes practicar un pouco con elas, abride ben as orellas.
Por último déixovos unha canción para que bailedes un pouquiño con Novedades Carmiña. Xa que temos que estar na casa polo menos estar cómodos. Aí vos vai o rock & roll "Non quito o chandal! Que o disfrutedes!
Podedes mandarme vídeos bailando se vos apetece o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog.