domingo, 3 de maio de 2020

traballo primeiro e segundo da semana do 4 de maio






Bos días, comezamos unha semana con sol radiante para alegrarnos un pouco a vida! E pos eso imos repasar un pouco a clave de sol para que non se nos esqueza debuxala. Podedes descargar o seguinte documento ou facelo nun pentagrama que teñades por casa ou mesmo nun folio.



Despois debedes crear un debuxo moi colorido que teña alomenos dúas claves de sol, e completalo co que más vos guste, facer unha paisaxe, un debuxo abstracto, un autorretrato... o que prefirades!



Por outra banda tamén vos propoño facer estes pasatempos musicais.




E como tema de  para bailar esta semana gustaríame que disfrutarades ca grande Gloria Stefan, así que vos deixo dous a ver que vos parece 😀

"Hoy"



"Conga"

"Abriendo puertas"


Pasade boa semana!










Ningún comentario:

Publicar un comentario