Espazo para a comunicación co alumnado do
CEIP de Leirado. Ademais, subiranse as producións do alumnado do centro para que a comunidade educativa sexa partícipe do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén aparecerán publicacións diversas sobre o mundo da música. Anímovos a que comentedes e a mandedes suxerencias. Tod@s somos músic@s.
Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas.
Espero que o disfrutedes!
Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!
De todas formas se precisades algo, eu estarei dispoñible a través do correo.
Bo día querido alumnado, xa queda pouquiño de curso, así que ánimo co que queda!
Esta semana aprenderemos unha anción moi sinxera para piano. Sí, ides ser pianistas!
Para iso, teredes que descargar algunha aplicación no móbil dos vosos pais ou nunha tablet. No sistema operativp de Apple, Ios, funciona moi ben a que se chama Virtuoso
No caso do Play Store sería Perfect Piano, por suposto son todas gratuítas. Da mesma forma, calquera outra aplicación que sexa realista de piano serve igualmente.
A partitura que imos ver é O himno da alegría, pero só a primeira parte.É dicir, o primeiro pentagrama. A partitura é a seguinte:
Para que vos sexa máis sinxelo podedes seguir este vídeo, lembrade facelo lento para que vos saia.
Se tedes calquera dúbida ou dificultade mandádeme un correo e volo resolverei. =)
Espero que vos divirtades moito! Pasade moi boa semana pianistas!
Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño! Esta semana imos traballar un pouquiño os ditados musicales. Para iso, vouvos deixar unhas ligazóns cos recursos didácticos. Comezamos con só ritmo. Lembrade o que vimos na clase, de pan (negra), Corcheas (ca-sa), semicorcheas (cho-co-la-te) e tamén os contratempos. Facede segundo podiades, non fai falta que sexan os tres. Nivel fácil http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil
Agora imos cas alturas das notas. Comezando por este exercicio seravos máis doado o de despois. Fixádevos se sube, se baixa, ou se queda igual. https://www.educaplay.com/learning-resources/2649356-la_direccion_del_sonido_1.html Agora empregamos tamén o ritmo brancas e negras, fixádevos na duración das notas e se suben ou se baixan pola escala.
Por último, deíxovos un vídeo para que disfrutedes bailando, neste caso o estilo musical é a música electrónica. A ver que vos parece.
Por certo, esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e polos vosos compañeiros.
Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)
Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego. Unha apeeeerta moooi grande!
O domingo 17 é o día das letras galegas, e dende a área de educación musical ímolo celebrar o noso xeito... bailando!
Así que esta semana propóñovos a seguinte tarefa. Como a ides preparar xenial e precisa certo tempo, vouvos dar dúas semanas para que me mandedes o resultado.
Pero mestra, que temos que facer?
Pois moi fácil, deberedes aprender o seguinte paso de baile de música tradicional:
Vós, teredes que facer o terceiro punto. Cando di, "diante, detrás, abrir, arriba, pés xuntos" tede coidado non vos mareedes. 😉
Pero para bailar precisamos música, non si? Así que imos alá.
Imos traballar cunha canción tradicional galega chamada "O verdegaio".
Apuntamento técnico: As cancións tradicionais son as que pertencen a un pobo ou cultura, son moi coñecidas pola xente e non adoitan ter compositor coñecido.
A versión que empregaremos é o do IES Salvaterra de Miño, o instituto que seguramente iredes. 😀
Este é o vídeo:
Pois agora que xa temos o baile e a música so falta prepararvos a vós. Pedídelle a vosa familia que vos vista con roupa de época, co traxe galego se tedes ou calquera cousa xeitosa que teñades por aí poñervos ben guap@s! (se non tedes non pasa nada, só é para darlle un aire diferente)
Déixovos o meu traxe para que o vexades a ver se vos gusta.
E por último, o que tedes que facer é gravarvos bailando un anaco da canción realizando o paso de baile. Tamén podedes utilizar outros que xa coñezades ou inventar algún, lembrade ter os brazos en alto. Así, tamén vos poden acompañar bailando a vosa familia ou veciños, o caso é pasalo bene cantos máis mellor.
Déixovos outros vídeos interesantes sobre puntos de baile galego por se queredes botarlle unha ollada.
Agora xa tedes todo o material necesario así que mans a obra! non, non, digo... pés ó baile!
Mandádeme o resultado ou calquera dúbida ó correo ad.libitum.leirado@gmail.com
Farase un vídeo montaxe cos vídeos do alumnado e a canción.
Que teñades boa semana!
Déixovos outro agasallo por ser unha semana tan especial, xa me contaredes que vos parece...
Foi na Raigame 2019, unha romaría etnográfica que se fai tódolos 17 de maio para exaltar a tradición galega en Vilanova dos Infantes.
Bos días, comezamos unha semana con sol radiante para alegrarnos un pouco a vida! E pos eso imos repasar a escritura de notas. Facédeo despaciño e con boa letra, fixádevos onde están colocadas as notas. Ademáis aparecen os signos de repetición de doble barra con dous puntos, e as casiñas de 1 e 2 segundo a vez na que se está repetindo e unha ligadura de unión. Así tamén unha armadura, que é o # que aparece xusto despois da clave, e significa que todas as notas que se chaman fa están alteradas un semitono ascendente. Mandádeme o resultado o correo da actividade: ad.libitum.leirado@gmail.com
Por outra banda imos xogar o dominó musical, e como? Pois ca seguinte lámina (podedes pegarlle por detrás unha cartulina para que as fichas sexan máis duradeiras), a diferencia é que debedes unir as pezas ca mesma duración das notas é dicir pois se aparece unha branca poderíase por a ficha co lado que aparecen dúas negras. Para esto debedes repasar a duración das figuras. Espero que o pasedes ben.
E como tema de para bailar esta semana gustaríame que disfrutarades ca grande Gloria Stefan, así que vos deixo dous a ver que vos parece 😀
Bos días, comezamos outra semana fantástica xa que xa podedes ir dar un paseo, espero que eso vos axude moito no voso benestar. Esta semana impos descubrir un instrumento un pouco peculiar, xa que normalemte os músicos e músicas dicirmos que tocamos unha flauta, un clarinete... e realmente tocámolo. Pero existe un que para que sone non é necesario tocalo.
Pero como pode ser? Pos mirade, o noso amigo Sheldon, vainos facer a súa presentación.
Como vedes é un intrumento eléctrico polo cal deberíamos metelo na familia dos electrófonos. A que non vos sona de nada? E que é unha nova, a mestra reservouse algú dato máis dos que tiña na clase.
Pois é tan importante que ata Google lle adicou un doodle. Na seguinte ligazón poderedes practicar un pouquiño con el e mesmo dar algunha clase.
E vos preguntaredes... e ademais de isto que teño que facer? 1. Pois moi doado tedes que cubrir a ficha técnica do instrumento con estas características: Nome, clasificación por familia, intérpretes e músic@s coñecidos, data de invención e quen. opinion persoal, imaxe ou debuxo e outros datos que querades engadir. Esto deberédelo enviar no formato que querades. Word, foto, escaneo pdf...
2. Ademáis de contarme un pouco do seu inventor. 3. e por último buscar en Youtube algunha canción que vos guste interpretada polo Theremin e contarme o porqué elixíchedes esa. Eu déixovos a miña tamén.
Se vos apetece coñecer un pouco máis sobre o intrumento aquí tedes un pequeno vídeo onde vos conta detalladamente o seu funcionamento:Theremín. La música que surgió del éter
Podedes mandarme o resultado o novo correo do blog de música do cole: ad.libitum.leirado@gmail.com E subscribirvos ás novas publicacións xa que tamén comezarei a subir as vosas creacións nesta zona do blog.