Ola rapaciada! Que tal esta semana? Parece que xa chegou o calorciño!
Esta semana imos traballar un pouquiño os ditados musicales.
Para iso, vouvos deixar unhas ligazóns cos recursos didácticos.
Comezamos cas notas mi, sol, si. Deberedes picar nas notas do pentagrama segundo a orde que sona, é un estilo o xogo de Simón Di. Fixádevos se as notas suben ou baixan.
http://www.aprendomusica.com/swf/C1SimonLaSolMivAprendo.html
Agora empregamos tamén o ritmo brancas e negras, fixádevos na duración das notas e se suben ou se baixan pola escala.
https://www.educaplay.com/learning-resources/646911-ritmo_blancas_y_negras.html
Por último, deíxovos un vídeo para que disfrutedes bailando, neste caso o estilo musical é a música electrónica. A ver que vos parece.
Por certo, esta semana estade atentos porque vou subir tamén traballos feitos por vos e polos vosos compañeiros.
Calquera dúbida que teñades preguntarme que para iso estou! =)
Ah! E déixovos uns diíñas máis para que me mandedes o fantástico vídeo da vosa interpretación do baile tradicional galego. Lembrade mandarmo o correo ad.libitum.leirado@gmail.com ou o WhatsApp das vosas titoras ou de Bego.
Unha apeeeerta moooi grande!
Ningún comentario:
Publicar un comentario